PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SOLIDARIDADE
O Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" fixo onte entrega dos alimentos e produtos de hixiene e limpeza recollidos na campaña solidaria "Contribuíndo ó local, contribúes contigo". A recollida durou seis días, nos que se conseguiron máis de 800 quilos de produtos e alimentos que foron repartidos entre unhas70 persoas.
Esta campaña é unha actividade que se enmarca nun proxecto moito máis amplo, que é o programa de "Atención urxente a persoas en risco ou exclusión social". Edesio Díaz, traballador social do CDR "O Viso", sitúa estas medidas na "liña de emerxencia social" e explica que "no momento no que o estado de benestar quedou desmantelado e os servizos sociais se privatizaron, son necesarias este tipo de campañas". Aínda que recoñece que estas medidas deben ir acompañadas doutro tipo de programas, como os formativos. Os paquetes que se entregan ás persoas demandantes elabóranse pensando nas súas necesidades particulares.
Ademais, algúns usuarios participan tamén no labor de recolección, entablando así unha rede de colaboración social. O anonimato das persoas demandantes dos produtos e alimentos recollidos está garantido dende a asociación. Esta confidencialidade é importante "para non estigmatizar ás persoas" e favorecer á súa inclusión social. Edesio Díaz asegura que o balance da campaña é moi positivo grazas ao compromiso da sociedade limiá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
DESVÍO DEL TRÁFICO
Estos son los cortes de tráfico por la procesión de Fátima en Ourense
POLÉMICA POLÍTICA EN CANARIAS
Clavijo acusa al Gobierno de “caciquismo y prepotencia” por la gestión del MV Hondius