SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
Os pasados martes e mércores, 2 e 3 de febreiro, arrancou na Casa da Cultura, da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, o primeiro dos obradoiros de búsqueda activa de emprego co fin, como así aseguran dende a institución, de "coñecernos mellor, adquirir habilidades e motivación para enfrontar novos camiños e poder así aproximarnos á inserción sociolaboral, pondo en valor a importancia do autocoñecemento persoal e profesional, as aptitudes, actitudes e motivacións de cada un e cada unha das persoas participantes; promovendo a súa participación; aprendendo a presentarse correctamente, sendo capaces de establecerse na súa situación actual de busca e xeración de oportunidades de emprego, ou mesmo valorando e defendendo as súas habilidades persoais e profe- sionais, coñecendo "o seu prezo", as súas características positivas e as mellorables", apuntan.
O seguinte encontro será o primeiro martes e mércores do próximo mes de marzo, días 1 e 2, tamén na Casa da Cultura, para analizar o obxectivo profesional dos participantes, o seu inventario profesional e tamén o mercado laboral e as súas vías de acceso. Dende o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", levan a cabo este Proxecto de Animación Sociolaboral en Grupo denominado "Re-Invéntante", unha das liñas de abordaxe do programa "Ruralempréga-T".
MÁIS INICIATIVAS
Aínda que esta iniciativa non é o único que están a desenrolar ares- tora dende este organismo. Outro proxecto que está en funcionamento e que está dando resultados notables é o da escola infantil familiar, que están a levar a cabo en nove concellos da comarca de A Limia, á imaxe e semellanza da proposta autonómica entonces coñecida como "Preescolar na casa", e que busca a participación dos pais nas xuntanzas colectivas desta organización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último