O centro O Viso promove o sector do audiovisual
A LIMIA
As sesións presenciais terán lugar no CDR O Viso, en Lodoselo, nos meses de abril, maio e xuño
O Centro de desenvolvemento rural O Viso participará no proxecto europeo denominado RedThink, unha iniciativa que pretende dar voz á comarca da Limia a través de obradoiros prácticos da man de xornalistas e profesionais dos medios de comunicación. As sesións presenciais terán lugar no CDR O Viso, en Lodoselo, nos meses de abril, maio e xuño.
O proxecto desenvólvese á vez en Italia, Francia, Portugal e Galicia. Está dirixido á persoas menores de 30 anos que se van xuntar en cada un destes lugares para facer unha curtametraxe sobre os problemas ou dificultades que atopan na súa comarca. A actividade está coordinada polo CDR O Viso e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e é gratuita. Para anotarse hai que chamar ó 988 461 571 ou no correo electrónico cixdelimia@cdroviso.org. Ó remate do proxecto, en, terá lugar un encontro internacional en Portugal e os participantes recibirán un diploma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
Lo último
CRISIS DE GOBIERNO
El ajuste en la Xunta tras salir Fabiola García será limitado
PROTESTAS EN LAS CALLES
Macron anuncia que prohíbe las protestas no sindicales