O concello de Sandiás acolle o obradoiro sobre o cambio climático

O Programa Rosalía 2024, co título “Ven a esta Escola de Calor”, trata os obxectivos do desenvolvemento sostible. Este programa ten lugar neste e noutros tres concellos da provincia de Ourense.

Carmen Docampo, coordinadora da cuarta sesión do Programa Rosalía 2024, en Sandiás.
Carmen Docampo, coordinadora da cuarta sesión do Programa Rosalía 2024, en Sandiás.

O pasado mércores, 17 de xullo, levouse a cabo a cuarta sesión do Programa Rosalía 2024 co título “Ven a esta Escola de Calor”. O concello de Sandiás quixo agradecer aos inscritos na cuarta sesión do Programa Rosalía 2024. Foi un obradoiro participativo onde se intercambiaron experiencias sobre obxectivos e metas do desenvolvemento sostible, do caso concreto do cambio climático lento pero progresivo que está a ocorrer e o impacto do mesmo sobre as nosas vidas.

Tamén se falou sobre como actuar nas ondas de calor, efectos dos cambios demográficos no sector primario e na vida da xente e do gran desafío que plantexa o despoboamento nas aldeas rurais.

Tamén en Xunqueira de Ambía, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio

O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Xunqueira de Ambía, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio.

Os cursos inclúen un total de 100 horas de atención laboral, así como xurídica e psicolóxica, e diríxense a todas as mulleres co obxectivo de fomentar as súas habilidades laborais e persoais, ademais das súas capacidades profesionais e autoestima.

Nesta edición, por primeira vez, ofrecese unha escola de benestar e cursos de empoderamento, ademais de formación específica para a planificación económica de cara a xubilación, entre outras iniciativas.

Contenido patrocinado

stats