QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
AGRICULTURA
Os principais responsables dos Concellos da Limia están iniciando unha serie de mobilizacións co obxectivo de reclamar información sobre a couza guatemalteca que afecta á pataca e de instar aos organismos competentes a que adopten as medidas necesarias para evitar a chegada desta praga á comarca.
O Concello de Xinzo ven de rexistrar unha convocatoria de pleno extraordinario a prol de que se adopten medidas de carácter urxente por parte das distintas administracións para o control da praga da polilla guatemalteca na pataca.O pleno terá lugar mañá xoves, 23 de febreiro ás 11.00 horas na Casa do Concello.
O mesmo día, ás 12.00 horas, no salón de actos do Consistorio de Xinzo, a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia celebrará unha reunión informativa para aos seus afiliados á que asistirán técnicos da Consellería de Medio Ambiente para explicarlles a situación actual vencellada á praga da couza guatemalteca.
O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, acudiu, acompañado dun productor, dun almacenista e dun sindicalista do sector agrario, a unha reunión coa directora xeral de Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. Traveso transmitiulle á directora "a inquietude existente na comarca pola problemática da couza da pataca". Nesta liña, o rexidor de Sandiás pediu máis información sobre as medidas que se están adoptando pola Xunta en materia de prevención e erradicación da couza, e solicitou a asistencia de varios técnicos de Medio Rural a unha nova asemblea que se celebrará a vindeira semana en Sandiás, co propósito de continuar informando aos profesionais do sector da pataca. "Queremos que os productores e almacenistas teñan información de primeira man", sinala Traveso. O alcalde explicou que "hai que transmitirlle a todo o mundo que a pataca da Limia ten unha saúde excelente e que, a día de hoxe, non existe a praga na comarca".
Cinto de seguridade para a comarca
O sindicato Unións Agrarias da man do seu responsable de Agricultura, José Ramón González, solicitou, nunha reunión mantida coa Consellería de Medio Rural na que se abordou a problemática da praga da couza guatemalteca que afecta á pataca, o establecemento dun cinto de seguridade para evitar que a praga chegue ás zonas de Carballo (A Coruña), Vilalba (Lugo) e a comarca da Limia. O sindicato reclamou tamén a identificación das parcelas afectadas por esta praga e pediu que a Xunta actúe con contundencia. Nesta liña, a agrupación asegura que "é imprescindible habilitar unha partida orzamentaria que permita indemnizar o lucro cesante para que o agricultor non caia na tentación de facer plantacións clandestinas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Allariz