O Conservatorio poñerá este venres o broche de ouro ao ano académico
MÚSICA
A actuación incluirá obras de diversos estilos musicais que abarcarán dende o estilo clásico ata o moderno
Os alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo festexarán o final de curso do mellor xeito que saben, con música, xa que tal e como explicaron os responsables e mestres da entidade, "levan varias semanas preparando as súas actuacións e adicandolles horas extra para que todo saia perfecto e para ter como resultado un repertorio sólido e variado".
Neste senso, o Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura acollerá mañá, ás 20,00 horas, un concerto onde os estudantes limiaos amosarán o seu talento e os froitos do traballo realizado ao longo deste ano académico. Os máis cativos de Música e Movemento -de seis anos- e de Iniciación Musical -sete anos- darán a benvida ao evento, no que se interpretarán obras de diversos estilos musicais que abarcarán dende o clásico ata o moderno. Os músicos representarán obras variadas de Haendel, Bach, Beethoven, Bizet, Corelli, Soutullo, Jenkins ou Gardel.
A Orquestra de Música do Conservatorio será a encargada de poñer o broche final cunha selección de temas de autores como Wagner ou Shostakovich.
Aproveitando a actividade promovida polos profesores Elena Domínguez, María José Rodríguez, Esmeralda Marra, Jesús Dopazo, Eliseo Penín, Roberto Seara, Nieves Llopis, Cristina Vázquez e Alejandro Martínez, farase entrega da orla de final de grao para os alumnos que rematan este curso a formación profesional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MÚSICA E BAILE POPULARES
O Festival Rebulir cumpre 20 anos como garante de cultura e tradición
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local