NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
O alumnado do Instituto Lagoa de Antela de Xinzo recibiu este martes ao artista Cristian Fojón, recente gañador do Premio Carlos Casares-Kristina Berg ao talento activo, organizado pola Fundación Carlos Casares. O creador, sobre o que a fundación destacou “non só a súa técnica depurada, senón tamén o estilo co que trata ao rural galego na modernidade dun cómic” non dubidou en achegar aos estudantes a súa paixón pola banda deseñada. Neste senso, os mozos e mozas de secundaria puideron coñecer as técnicas para a elaboración dun bo cómic e as orixes da vocación deste ilustrador natural de Ortigueira, lugar que inspirou parte da súa obra. Precisamente, algún dos carteis do famoso festival que se celebra neste municipio leva a súa firma.
A este acto tamén asistiu a rexedora de Xinzo, Elvira Lama e o edil de Cultura da vila, Ramiro Rodríguez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
DOMINGO 8 DE NOVIEMBRE
Cortes de tráfico por la 49ª Carreira Popular do San Martiño: horarios y calles cortadas
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
La Galicia de principios del siglo XX vista por la cámara de Nicolás Muller