A Deputación asumirá o mantemento da pista de Xinzo a Vilar de Barrio
CESIÓN
A administración provincial negociará a cesión dos concellos
A Deputación de Ourense aprobou o pasado 30 de decembro a proposta de pedir a cesión da pista de concentración que enlaza a N-525 coa estrada OU-1102. Iniciarase agora un proceso de negociación cos Concellos implicados.
A proposta de cesión veu da man do PSOE de Xinzo. Dende o Grupo Provincial Socialista sinalan que foi grazas á súa iniciativa que se acordou, ademais de proceder á cesión da estrada, "incorporar a pista mencionada á Rede de Estradas provinciais". A portavoz, Elvira Lama, valora agora positivamente que o goberno da Deputación "entenda a urxencia de incluír a pista, con alta sinistralidade".
Pola súa banda, o tenente de alcalde de Xinzo, Manuel López Casas, sinala que o Concello está esperando por uns informes da Garda Civil de Tráfico e do arquitecto municipal que documenten a intensidade do tráfico diario. Unha vez obtidos, materializarase a proposta do Concello por escrito para así iniciar as negociacións coa Deputación. O tenente alcalde afirma que ao ser unha estrada "cruzada por varias pistas de concentración parcelaria de uso agrícola, encerra certo perigo".
O alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, ve con bos ollos esta acción, posto que recoñece que no Concello "non hai medios para facer un mantemento continuo" da estrada. O pleno municipal de Sarreaus ratificara o pasado 30 de decembro a solicitude de cesión, unha proposta que viña aprobada pola Comisión de Goberno no mes de novembro. Nas negociacións o Concello pedirá unha mellora na sinalización, facendo fincapé nos cruces coas pistas laterais, posto que entenden que a sinalización propia da pista tamén os inclúe.
O alcalde de Vilar de Barrio, Julio Pérez, ve positiva esta proposta e sinala que non terá ningún problema en facerse cargo da sinalización das pistas que lindan coa vía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz