Elvira Lama, sobre as críticas de Vox: "O que non entenda a sátira e a burla do Entroido ten un problema"
Polémica
A alcaldesa de Xinzo considera as críticas de Vox froito do descoñecemento do Entroido de Xinzo e da idiosincrasia dos veciños
A presenza dunha estelada no balcón do Concello de Xinzo durante o petardazo suscitou as críticas de Vox Orense ao considerar que con este acto a festa do Entroido quedou "eclipsada" pola presenza da bandeira.
A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, explica como chegou a bandeira ao balcón: "Unha persoa da comisión do Entroido iba disfrazada con máis persoas de CDR e, nun momento dado, decidiu colocar a bandeira no balcón", sinala a alcaldesa da localidade, Elvira Lama. "Para min non é un erro", continúa a rexidora, quen considera que "o que non entenda a sátira e a burla do Entroido ten un problema".
Neste sentido, Lama alegou que había moita xente disfrazada de "curas e papas, e ningún relixioso se sentiu ofendido pola crítica á Igrexa".
A rexidora socialista reivindicou o seu "constitucionalismo" e defendeu que no goberno municipal de Xinzo "non temos ningún tipo de sentimento independentista". En canto ás críticas da formación política, para Lama "Vox nin coñece Xinzo, nin o Entroido de Xinzo, nin a nosa idiosincrasia".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 24 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 24 de abril