As feiras de Xinzo revalorizan a produción agraria comarcal
SECTOR AGROGANADERO
Arrancaron os mercados máis esperadas: a V edición de Alimagro e a V Feira do Comercio Prolimia
Arrancaron en Xinzo de Limia dúas das feiras máis esperadas do ano: a V edición de Alimagro, Feira do Agro da Limia, e a V Feira do Comercio Prolimia.
Este evento conxunto, que se estenderá até o 1 de setembro, reúne o mellor do sector agroalimentario e do comercio local nunha fin de semana que promete ser histórica tanto en afluencia como en impacto económico.
Para acoller ambas feiras, a organización ampliou a zona de exposición, instalando unha gran carpa exterior para a tradicional Feira da Pataca, mentres que a Feira do Comercio terá lugar no pavillón polideportivo. Con esta disposición, espérase que se superen todos os rexistros de participación e asistencia, convertendo Xinzo de Limia nun referente do sector en Galicia e no resto de España.
Durante os tres días, visitantes de toda a rexión e máis alá poderán gozar dunha variada programación que inclúe mesas redondas, showcookings, degustacións e actividades para todas as idades. O sábado será un día especialmente destacado en Alimagro coa elaboración da tradicional tortilla xigante, mentres que o domingo, Prolimia sorprenderá cunha paella xigante que servirá como broche final. Ademais, ambas feiras contan con espazos dedicados á innovación e ao desenvolvemento tecnolóxico, reflectindo o compromiso da comarca coa modernización e a sustentabilidade.
A colaboración entre Alimagro e Prolimia non só potenciará o sector primario, centrado na pataca, senón que tamén reforzará o comercio de proximidade, destacando as vantaxes dunha economía circular.
Con estas dúas feiras, Xinzo de Limia sitúase como un epicentro de referencia, nunha fin de semana que promete ser un éxito sen precedentes.
Inauguración
A Consellería do Medio Rural, María José Gómez, participou na inauguración da V Feira do Agro da Limia, Alimagro. Neste acto tamén estiveron presentes o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; o director xeral de Comercio, Gabriel Alén; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; e o alcalde de Xinzo, Amador Díaz.
A conselleira puxo en valor a comarca da Limia como unha das zonas agrarias máis produtivas de Galicia, converténdose nun exemplo das oportunidades que xera a actividade agropecuaria para xerar riqueza e fixar poboación no rural. Tamén quixo destacar as axudas para adquisición de maquinaria agrícola en común, neste ano dotadas cun orzamento de máis de 4 millóns de euros.
Menor lembrou que “falar da Limia é falar de exemplo de desenvolvemento e produción do sector primario, en Ourense e Galicia”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman