AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
ECOAGRO
O proxecto Aterra sigue dando pasos para o impulso de novos proxectos agrarios nos 25 municipios que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027. A incorporación das parcelas que forman a Finca Antela, propiedade da Deputación de Ourense en Sandiás e que durante os vindeiros 25 anos serán xestionados polo GDR-10 tras o acordo adoptado a semana pasada, permite sumar 49 hectáreas a un proxecto que se puxo en marcha en novembro de 2022 para apoiar as novas explotacións agrarias, así como o mantemento das que xa existen nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova.
No marco dese convenio, dende hoxe 30 de abril e durante 7 días naturais, está aberto o prazo para presentar as ofertas para a sega da herba, paso previo a súa posta en produción da Finca Antela. “O obxectivo é que as parcelas estean acondicionadas para o uso agrícola antes de ser arrendadas”, subliñan dende o GDR, que cifrou en 3.500 euros o prezo base de licitación, debendo realizarse a sega entre o 15 de xuño e o 15 de agosto.
O proceso de licitación da sega coincide coa apertura do prazo para que os agricultores e gandeiros profesionais da zona poidan facer a súa solicitude para o arrendamento das parcelas da finca, cun prezo de 300 euros por hectárea e ano. Ata o 15 de maio, as persoas interesadas poderán rexistrar a súa solicitude, incluíndo período máximo de arrendamento e o tipo de cultivo, no apartado “Demandar terras” que se atopa na páxina web aterra.gal.
A incorporación da Finca Antela de Sandiás permitiu ampliar de forma considerable o fondo de Aterra. Neste primeiro ano de actividade, o proxecto mobilizou máis de 100.000 m2 de terreos en desuso mediante compravenda e case 33.000 m2 en réxime de aluguer. A través dun visor na páxina web do proxecto pódense consultar as ofertas de venda, aluguer ou cesión de 79 parcelas de 22 propietarios diferentes. Con respecto a demanda, na actualidade hai 30 rexistros que teñen como finalidade a ampliación da base territorial da explotación ou a incorporación á actividade agraria ou gandeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico