Limialandia: inchables e actividades para a cativada de Xinzo
ENTRETEMENTO XUVENIL
O parque de ocio “Limialandia” abrirá dendemañá ata o 6 de xaneiro
O Concello de Xinzo de Limia anunciou a celebración dunha nova edición “Limialandia”, un evento dirixido aos máis pequenos da casa, e que terá lugar no pavillón de deportes municipal dende mañá e ata o vindeiro 6 de xaneiro incluído. A entrada será totalmente gratuíta, se ben o aforo está limitado a 60 participantes cada hora.
Este parque de Nadal, pensado para cativos de entre 3 a 11 anos, ofrecerá todo tipo de actividades, entre inchables, pintacaras, “tattoos” e outros moitos xogos que prometen entreter e divertir a tódolos rapaces que se animen a participar.
O horario pola mañá de “Limialandia” será de 10,30 a 13,30 horas, agás os días 30 de decembro e 1 de xaneiro, e polas tardes de 16,00 a 20,00 horas, agás os días 31 de decembro e 5 de xaneiro. Lémbrase a tódolos familiares que cómpre que os cativos vistan calzado axeitado para poder participar nas actividades.
Lecer infantil
O Concello aposta polo lecer infantil durante o Nadal, cunha alternativa divertida, segura e de balde para tódalas familias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
"VOMITANDO ENTRE BASTIDORES"
Rosalía cancela su último concierto en directo por un problema de salud: "Me siento fatal, no puedo"