Increméntanse as infraccións penais no concello de Xinzo
Correspóndese cun lixeiro aumento dos delitos telemáticos e contra o patrimonio.
Este martes celebrouse a Xunta Local de Seguridade do Concello de Xinzo de Limia de xeito telemático. Estivo presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e pola alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama.
Como un dos aspectos fundamentais, no tocante á seguridade cidadá, o subdelegado destacou un incremento da actividade da Garda Civil en canto ao número de investigados e unha subida das infraccións penais, correspondente a un lixeiro aumento dos delitos telemáticos e contra o patrimonio.
Por outra banda, en materia de violencia de xénero, actualmente hai activos no sistema VioGén oito casos: dous presentan risco medio, un risco baixo e cinco risco non apreciado.
Nesta reunión telemática procedeuse a activar o Plan Estratéxico de resposta policial ao consumo e tráfico de drogas minorista en zonas, lugares e locais de ocio do concello de Xinzo de Limia e acordouse impulsar o Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas en canto a situación da pandemia o permita.
Con todos os datos, Emilio González manifestou que Xinzo de Limia segue a ser "un concello seguro no que todas as administracións e as forzas e corpos de seguridade seguirán traballando para manter os niveis de seguridade".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
ENCUESTA FUNDACIÓN CYD
El 18% de alumnos consulta a la IA para elegir una carrera universitaria
IPC DE PRODUCTOS ALIMENTARIOS
Legumbres verdes, hortalizas y huevos disparan sus precios