O Inorde forma expertos da agricultura en Xinzo
A formación leva por título“Actividades auxiliares en agricultura”
O Centro Agrogandeiro de Xinzo acolle dende o pasado 9 de xaneiro e ata o vindeiro día 3 de maio, un curso de Actividades auxiliares en agricultura que permitirá formar novos profesionais neste eido e outorgarlles a certificación correspondente -certificado de profesionalidade de Nivel 1-.
O obxectivo desta acción formativa, financiada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, é aprender a executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas seguindo instrucións de superiores ou plans de traballo, e cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente. O curso terá unha duración total de 388 horas impartidas en horario de mañá de 09,00 a 14,00 horas. O módulo de prácticas profesionais non laborables do curso constará de 40 horas. Ao final do mesmo, impartiranse 18 horas de formación transversal en inserción laboral, sensibilización ambiental e formación en igualdade.
Algúns exemplos de postos de traballo para os que habilitará ao alumnado este curso son: Peón agrícola, agropecuario, en horticultura, en fruticultura, en cultivos herbáceos, en cultivos de flor cortada, peón de xardinaría, de viveiro, de centros de xardinaría ou peón de campos deportivos.
A xerente do Inorde, Emma González, explicou na visita a Xinzo que os obxectivos desta primeira acción formativa son, por unha banda, “formar ao maior número posible de persoas para dotar de man de obra especializada a un dos sectores clave na economía provincial e, por outra banda, dado que o curso está pensado principalmente para desempregados, ofrecerlles a oportunidade de formarse nunha materia que demanda traballadores”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí
OBRAS DE MANTENIMIENTO
El viaducto de la AG-53 volverá a cerrarse en su paso por Toén