"FOGAR DAS NOSAS CEGOÑAS"
La “Casa dos Mestres” de Trasmiras acoge una exposición sobre cigüeñas
Que significa para vostede este premio ao seu esforzo?
É un orgullo. Gustaríame agradecerllo ao profesorado da Farixa. Con 22 anos, en primeiro de carreira e coa vista posta nun futuro, que che concedan un premio no ámbito ao que che queres dedicar é unha ledicia.
Sempre quixo estudar Audiovisuais?
A verdade é que non. Foi froito dun plantexamento que fixen coa miña familia ao rematar segundo de Bacharelato. Eu antes non era tan bo estudante e, por outra banda, quería tirar polo mundo da danza. Os meus pais non o vían tan claro e propuxéronme que fixera o ciclo. A verdade é que lles estou agradecido. Á veces hai que facerlle caso aos pais.
Quere seguir formándose.
Si, este ano rematei o primeiro curso de Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Quero rematar a carreira e a ver que me depara o futuro. Penso que tes que facer e estudar o que a ti che guste e che apasione, con iso chegarás a onde queiras chegar.
Que é o que máis lle chama a atención?
Gústame o mundo da producción e tamén o departamento de arte. Tamén os videoclips de música.
O audiovisual puro.
Se agora pecho os ollos pois si que me vexo como cámara, por exemplo.
Como ve o sector actualmente?
Penso que Galicia está tendo moito empuxe no eido do audiovisual. Malia que din que o mercado é dificil, creo que aquí é potente.
Gustarialle tratar dun xeito audiovisual algo vencellado a Xinzo?
Si. A Torre de Pena ou Lagoa de Antela e as súas lendas son un punto forte e pódese explotar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último