Laroá, en Xinzo, recupera a tradición dos contos orais para o pobo
Ademais do recoñecemento especial para o escritor de Laroá, o obxectivo do acto foi reivindicar, ante as autoridades municipais presentes, a necesidade de reunir e unir á xente dos pobos e a coidar do medio e a cultura rural do que se coñece como a Galicia baleirada.
O pobo de Laroá, en Xinzo de Limia, retrotraeuse a épocas pasadas xuntando aos seus veciños para escoitar contos e historias. A iniciativa partiu do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e do Museo da Limia e, precisamente, foi Manolo Seoane, integrante de dita entidade cultural, quen protagonizou o acto presentando o seu libro: A raíña loba. A iniciativa tamén serviu como homenaxe ao propio Seoane, polo seu papel na dinamización da cultura limiá.
Ademais do recoñecemento especial para o escritor de Laroá, o obxectivo do acto foi reivindicar, ante as autoridades municipais presentes, a necesidade de reunir e unir á xente dos pobos e a coidar do medio e a cultura rural do que se coñece como a Galicia baleirada: “A través da asociación de mulleres A Lomba e do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso quixemos revivir unha daquelas noites de invernía tan longas, a carón do lume, na que os contos dos máis vellos embelesaban a cantos alí se atopaban, tal como ben reflicte Manolo no relato. Aquí sen lume nin invernía pero con chocolate e moitos afectos”, manifestaban dende o CDR O Viso. “Lendo, narrando e escoitando estamos xuntos. Loitando por manter viva esta terra, alimentando as relacións entre nós e contribuíndo a que este sexa un bo medio habitable e habitado”, engadían dende o CDR.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia