Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
ABRAZO AO RÍO
No acto central da mañá, os escolares dun e outro país xuntaron as súas mans, acompañados tamén polos seus mestres, e rodearon deste xeito a ponte e pasarela que atravesan o Limia fronte o Parque do Toural de Xinzo.
Esta é a XII edición da iniciativa “Abraço ao río Limia/Lima”, que nesta ocasión contou coa participación de alumnos e profesorado dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares pola parte galega, e do CE das Lagoas e o EB1 de Ponte de Lima polo lado portugués.
Antes dese intre, o alumnado foi recibido cunha actuación da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, que deixou paso aos discursos das autoridades e a entrega mutua de recordos. O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, estivo acompañado por concelleiros da corporación e directores dos colexios implicados.
Todos os alumnos desfrutaron de dous días de actividades conxuntas. O mércores visitaron os Xardíns de Allariz e máis o Centro de Interpretación de Aquis Querquennis.
Onte, tralo xantar, visitaron o Museo Galego do Entroido previo ao regreso dos estudantes lusos a Ponte de Lima, onde terá lugar o seguinte “abrazo”, este mesmo outono.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
La Región
27 de junio
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar