Limpia nas cunetas de estradas secundarias de vilas de Sandiás
CONCELLO
O tractor traballa estos días no desbroce de varios puntos en Sandiás
Dende o mes de maio ten actuado o tractor desbrozadora do Concello de Sandiás, realizando desbroces preventivos de cunetas de estradas secundarias próximas e afastadas dos núcleos de poboación.
Ten actuado neste mes nas zonas de Vilariño das Poldras e arredores, na zona da aldea de Arcos, Cardeita, Lavandeira, As Pegas, O Tesiño, área ao redor da Torre do Castro, ao carón da Igrexa de Santo Estevo e a zona da depuradora de Sandiás.
A maiores, na estrada en dirección a aldea de A Fontela, dende a aldea de Cardeita ata o Canal da Lagoa, Santa Ana, área dende o Novaiño ata aldea da Ladeira, estrada dende a aldea de Piñeira de Arcos ata a aldea da Corga, estrada da Corga a Bustelo, tres entradas na aldea de Zadagós, da Chousela a Zadagós, Fonte do Forno en Couso, camiños aos depósitos de Piñeira de Arcos e Novaíño.
Nestos días continuouse co resto das zonas pendentes de limpeza, na contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas.
Contorna das vivendas
Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar que a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros. A Lei de Incendios obriga aos propietarios á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas.
O prazo de realización das limpezas estendeuse ata o 31 de maio. Polo tanto, o Concello de Sandiás recorda e anima a veciñanza a obriga legal da limpeza das fincas e terreos, e cumprir coas medidas de prevención de incendios.
O Concello de Sandiás explicou que compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e roza das áreas de biomasa da contorna dos núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada, en Santo Estevo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
SIN PELIGRO PARA VIVIENDAS
Un incendio forestal permanece activo en Boborás: "A zona é complicada e o terreo dificulta a actuación"