Goberno e Xunta investirán 32 millóns no sector agrícola da Limia

Destinaranse á limpeza de canles e camiños e á demandada modernización do sistema de regadío

A comarca da Limia limpará as canles, modernizará o regadío e completará a rede de pozos

A tan demandada profesionalización e modernización das infraestruturas agrícolas da Limia será pronto unha realidade. A alianza entre o Goberno Central e a Xunta de Galicia mediante o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Consellería de Medio Rural , respectivamente, suporá un importante revulsivo para o sector agrícola limiao grazas a achega dunha partida económica de 32 millóns de euros que permitirá modernizar o regadío e limpar os canles da contorna, entre outras necesarias obras.

Este mércores, na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, o propio conselleiro de Medio Rural, José González, foi o encargado de anunciar este importante e agardado compromiso e de trasladarllo posteriormente aos alcaldes e alcaldesas da comarca nunha xuntanza telemática na que tamén estivo presente, en representación do Goberno Central, o secretario general de Agricultura y Alimentación, Fernando Miranda, así como o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga; a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o comisario de Aguas, Xoán Novoa.

Do orzamento total -32 millóns de euros- o Goberno Central aportará preto de 28 e a Xunta de Galicia os catro restantes para o plan. Neste senso, un total de 12 millóns de euros irán destinados a sufragar a limpeza das canles da Limia e dos camiños paralelos e investiranse outros 15,9 millóns de euros -previsiblemente desta cantidade a Comunidade de Regantes terá que aportar máis de tres millóns- nun proxecto de mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos da Limia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia promovido polo executivo do Estado para facer fronte aos efectos da covid-19 coa axuda dos fondos europeos Next Generation. Precisamente, na mellora dos regadíos colaborará a Consellería de Medio Rural achegando catro millóns de euros para completar este ano a rede de pozos. Ademáis, paralelo a esto, a Confederación Hidrográfica Miño Sil redobrará os seus esforzos de cara ao vindeiro 2022 para a limpieza de cauces na comarca, destinando 800.000 euros. “Esto no solo va a repercutir en la dinámica social y económica de una comarca con una vocación agropecuaria tan importante como es A Limia, sino que va a tener una gran trascendencia medioambiental para el acuífero de la comarca y todos sus cauces. Se va a optimizar el recurso agua, se gastará menos y revivirá el acuífero que, en estos momentos, tiene una situación complicada”, expuxo Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil. “La limpieza de los canales secundarios y terciarios de la zona afectará a casi 600 kilómetros lineales”, engadiu o presidente do organismo, quen recordou que, posteriormente a estas intervencións, a Xunta de Galicia, a Deputación e os concellos terán que elaborar un plan de mantemento.

Pola súa parte, o conselleiro de Medio Rural, José González, destacou o “esforzo importante” realizado polas administracións autonómica e central convencidas de que a comarca da Limia “ten unha importancia agraria tremenda e moitas infraestruturas que teñen que ser melloradas, fundamentalmente, o regadío”. González valorou o traballo que se fixo conxuntamente e calificouno como “un exemplo de coordinación entre administracións para loitar e mellorar o territorio”.

A Xunta, cun orzamento inicial de 500.000 euros, preparará xa os pozos e, paralelamente, Tragsa acometerá a limpeza das canles, pasos previos á modernización dos regadíos.

Contenido patrocinado

stats