Melloras de camiños e parques en Trasmiras
Trasmiras executa melloras de camiños e parques
O Concello de Trasmiras está a levar a cabo varias obras en distintas áreas da súa contorna. Algunhas destas obras entran dentro do Plan Marco 2024-2025, como o Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas, cun orzamento de 32.500 euros, en Abavides.
A maiores, unha auditoría de saneamento para deteccións de filtracións, cun orzamento de 14.445,46 euros. Nas aldeas de Vilaseca, Soutelo, Rabal e Trasmiras, o Concello renovará o parque infantil, cun presuposto de 14.980,77 euros.
Tamén haberá melloras no firme e nova rede pluviais na Rúa Bimbieiro, cun orzamento de 48.000 euros. A Rúa Virxe da Gracia tamén mellorará o seu saneamento, cun orzamento de 15.232,52 euros.
As aldeas de Abavides e Rabal terán unha mellora nos seus camiños agrícolas, cuns orzamentos de 72.442,11 euros e 47.100,57 euros, respectivamente. A Casa do Concello contará cunhas melloras nas súas oficinas, cun orzamento de 34.969 euros.
O Concello está a redactar un estudo para a mellora dos tramos dos pobos que pasan pola N-525, cun orzamento de 6.304,10 euros. Tamén estase levando a cabo a redacción do proxecto do cemiterio de Vilaseca, por 12.030,45 euros de orzamento.
Trasmiras contará tamén coa construción da residencia de terceira idade, cun orzamento de 2.197.487,50 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios