A Mesa da Limia tratará de atallar o problema dos residuos
CONTAMINACIÓN
Ao primeiro encontro asistiron agricultores, gandeiros, ecoloxistas e responsables da Xunta
A Mesa da Limia, creada para loitar contra a problemática dos residuos que orixina a actividade agrogandeira, é unha realidade dende onte. O Conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu unha primeira xuntanza no Salón de Plenos de Xinzo á que asistiron representantes do sector agrogandeiro, pataqueiros, ecoloxistas, regantes, asociacións e outros representantes institucionais, como o director xeral de Gandaría, Agricultura, e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
José González escoitou as demandas e preocupacións dos distintos axentes económicos e sociais da comarca, e subliñou que o principal obxectivo da Xunta "é apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible na comarca e, por ende, en toda Galicia". Ademais, o representante autonómico asegurou que se está traballando na recuperación e posta en valor das terras agrarias. Por este motivo, se está a elaborar unha lei específica, e se está traballando na potenciación da calidade das produccións do agro.
O encontro de onte deu continuidade ás outras reunións mantidas con anterioridade polos máximos representantes de Medio Rural. O propio conselleiro reuniuse o pasado mes de xaneiro con diferentes colectivos da Limia. Tamén o propio director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, fixo o mesmo a finais do pasado mes de febreiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua