As mulleres de Rebordechao decoran o pobo para as festas

FIESTAS Y DECORACIÓN

As festas patronais que honran á Inmaculada Concepciónestán marcadas iste ano pola idea das mulleres de decorar Rebordechao para que o festexo sexa máis especial ca nunca

As casas decoráronse para as festas patronais de Rebordechao.
As casas decoráronse para as festas patronais de Rebordechao.

As festas patronais de Rebordechao (Vilar de Barrio), en honra á Inmaculada Concepción están sendo esta fin de semana. A programación comezou onte coa verbena R-Deluxe e cunha cea veciñal onde se xunta todo o pobo, pagada pola comisión de festas de Rebordechao.

No día de hoxe haberá unha sesión vermú amenizada pola Banda de Gaitas de A Peniza e unha festa e verbena co dúo Arcoiris, con Liban Carrillo, “Recanteiro”, do programa Luar da TVG.

No día de mañá, ás 12,30 horas, haberá unha misa solemne e despois unha sesión vermú a cargo da charanga El Brexit.

Na comisión iste ano son tres mulleres e dous homes, e as mulleres tiveron a idea de poñer todo o pobo a traballar e decorar as casas para a festa.

Todo o decorado é manual e natural, por iso se colgou e se embelleceu a vila. Nós o que pretendiamos é poñer en valor todo este traballo, e darlle algo de publicidade”, explican Jesús Gómez Requejo, da comisión de festas de Rebordechao.

Decoración

Decorado con vistas ás montañas da Limia.
Decorado con vistas ás montañas da Limia.

As casas decóranas con “agullas, ganchillos”, según explica Jesús, da comisión de festas. Un traballo que levan facendo as mulleres do pobo dende todo o inverno e todo o verán. “Un traballo impresionante por parte das mulleres de Rebordechao”, comenta Jesús Gómez.

Unhas decoracións que comezaron a facerse este ano por primeira vez: “As comisións ata hai dous anos eran todo de homes e cando chegaron as mulleres tiveron esta idea tan bonita”, explica Jesús.

Contenido patrocinado

stats