QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
A Asociación de Mulleres Rurais de Vilar de Santos, Arracada, está somerxida de cheo nas tarefas de recuperación do proceso tradicional do liño. Así, máis de 20 mulleres da asociación participaron onte no "arrigado" e "ripado" do liño, como continuación ao proceso de sementado que previamente realizaron no mes de maio, nunha leira da praza de Carballedo, cedida para esta finalidade polo Concello de Vilar de Santos.
Estas faenas, que xa suman tres fases das 14 previstas para a recuperación tradicional da planta do liño, forman parte das moitas actividades que ao longo do ano realiza esta asociación de mulleres rurais.
"O uso tradicional desta fibra téxtil debe superar 14 procesos ben definidos antes do seu tecido, e están claramente explicados na sala do liño do Museo da Limia, que leva o nome do etnógrafo Xaquín Lourenzo do propio museo", sinalan dende Arrancada. Os procesos do liño son "sementado, arrigado, ripado, empozado, tendillado, mazado, estrigado, espadelado, tascado, restrelado, fiado, sarillado, debanado e tecido", explican as mulleres rurais, que están loitando para recuperar estes traballos tradicionais e arraigados á cultura galega.
As dúas labores que se realizaron este xoves polas veciñas de Vilar de Santos continuarán a súa andaina nos vindeiros meses ata chegar ao tecido de pezas e, tanto o Museo da Limia como a asociación de Artesáns da Limia, Limiar, colaborarán unha vez máis nesta actividade. Estas entidades porán a súa dispoisción os medios propios e elaborando unha reportaxe das distintas etapas do proceso completo, "co fin de contribuír á persistencia da nosa memoria e á lembranza e recreación dos oficios tradicionais da Limia", conclúen dende o Museo e Limiar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXXIX)
Galería | Los parches de brazo que identifican a policías del mundo
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Inteligencia artificial, pero con estrategia
CAMPAÑA DE EXCAVACIONES
La Prehistoria y Roma, a solo unos centímetros en el Castelo do Lobarzán