O Museo da Limia pecha para facer mantemento
MELLORAS
Acometerá obras no recinto e someterá as pezas da mostra a tratamento
O Museo Etnográfico da Limia, situado no concello de Vilar de Santos, pechos nestes días as súas portas coa finalidade de levar a cabo traballos de mantemento e reparación. Así o sinalaba onte o alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, quien explicaba que moitas das pezas que conforman mostra que acolle o recinto son de madeira e débeselles aplicar un tratamento específico para evitar as pragas e o caruncho. Ademais, durante estas semanas tamén se reparará un dos baños, o patio e máis unha "entrecuberta". O alcalde explica que as visitas non son compatibles con estas operacións, polo que o museo permanecerá pechado ao público ata a última fin de semana de xaneiro ou a primeira de febreiro.
Por outra banda, o consello directivo do museo aproveitará este mes de xaneiro para reunirse e acordar as liñas de actuación para este ano 2017. Así mesmo, nesa reunión os membros pecharán o balance das actividades que se levaron a cabo no ano 2016, no que o museo cumpriu 20 anos. Entre elas pódense destacar as conferencias de Comba Campoi sobre "O Barriga Verde", as "Conversas na Taberna", a actuación de Mini e Mero ou a proxección de varios documentais.
O broche final para o vixésimo aniversario foi unha xornada de portas abertas o 17 de decembro. Nela, presentáronse as dúas últimas incorporacións da mostra: un retrato de Xoaquín Lourenzo "Xocas" feito polo limego Xosé Lois Carreira, e unha máquina de mallar de mediados do século XX.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz