QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Co obxectivo de crear, producir, investigar e estudar bens artesanais, velando pola difusión, conservación, innovación, defensa e promoción da artesanía galega vén de fundarse en Vilar de Santos a Asociación de Artesáns Limiar, unha agrupación de 10 artesáns que contará co respaldo do Museo Etnográfico da Limia.
A asociación, que estará liderada por Mercedes Vieites Pérez -costureira natural de Vilar de Santos-, desenvolverán a actividade nos eidos da cestaría, olaría, instrumentos musicais, pantalla, costura, filigrana e prataría.
Este sábado será a presentación oficial da asociación no Museo da Limia de Vilar de Santos -11,30 horas-, lugar no que se desenvolverán a maior parte das súas iniciativas tanto de tipo formativo de obradoiros, como de exposición e venda. Precisamente, neste lugar a agrupación contará cun espazo permanente e nel poderá vender as súas obras os sábados e domingos de 11,30 horas a 13,30 horas e de 16,00 horas a 18,00 horas.
PROMOCIÓN DA LIMIA
A Asociación Limiar tamén colaborará nas iniciativas de investigación, difusión e conservación que, en materia de artesanía, se leven a cabo no Museo Etnográfico da Limia. Promoverá a formación de profesionais no ámbito da artesanía e elaborará unha programación estable vencellada á actividade artesanal no mencionado museo.
Por outra banda, dende esta agrupación aunarán esforzos para a protección do patrimonio cultural artesán, especialmente, da Comarca da Limia e propiciará o intercambio de experiencias e información con outras entidades artesanais.
Por último, encargarase do desenvolvemento dun fondo documental artesanal con sede no Museo da Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano