Obituario | Manuel Fernández Vidal: O Santuario da Uceira, o seu legado

undefined
undefined

Onte, 18 de abril, como cada luns de Pascua, centos de romeiros acudiron a honrar a San Bieito no monte de A Uceira en Sandiás, pero xa a primeira hora da xornada a ledicia de acudir a visitar o Santiño voltouse en tristura cando o sacerdote oficiando a primeira misa anunciou que o gran valedor deste Santuario, Manuel Fernández Vidal, acababa de entregar o seu espíritu a Deus ós 82 anos de idade. Ahí as bágoas corrían polas meixelas de todos os presentes. Casualidade ou non, don Manuel entregaría a súa alma precisamente o día en que máis pendente estaba de que todo saíra ben, a romería de Pascua.

Se todo o mundo deixa tras de si un legado co que poida ser lembrado en xeracións futuras, o de don Manuel Fernández Vidal é amplo. As súas intervencións nas parroquias nas que estivo foron notorias e variadas, pero hay unha delas que concita a unanimidade, o San Bieito da Uceira. Dende que chegara á parroquia de San Estevo de Sandiás propúxose potenciar o entorno deste santuario situado no monte por encima da capitalidade municipal. As obras foron lentas, pero sen desfalecer.

En todo este camiñar nunca estivo solo. En maior ou menor medida os veciños e fieis colaboraron en recuperar as instalacións. Algúns deles, lamentablemente, tamén xa nos deixaron, como Pepe Losada, José Campelo, o médico don Sergio Grande ou o guerrilleiro Camilo Dios, por pór algúns exemplos, polo que ahí non importaba o credo relixioso nin a cor política, porque don Manuel unía en busca dun futuro mellor. Pero a tristura embargaba a outros que tamén iniciaron con el esta maravillosa aventura de potenciar o San Bieito como Antonio “Novaíño”, outro dos piares fundamentais para que este recinto se convertira nunha “espectacular catedral da natureza”, como o definira o cura de Xinzo Tomás Delgado Gándara; ou o sempre eficiente Modesto, que se desenvolve ás mil marabillas colaborando coa venta de exvotos. E outros moitos que, por ser unha longa lista, non teño espazo para citar.

Dende que lle fixera a primeira entrevista para La Región alá nos anos 90, don Manuel xa tiña moi claro que os centos de fieis que dende toda a Limia acuden ás romerías de luns de Pascua e na de Seitura, no segundo domingo de xullo, tiñan que atopar en A Uceira un lugar onde descansar, ademais de orar; un lugar donde xantar de maneira cómoda e, o mesmo tempo, poder subir cos seus coches e ter amplos lugares donde aparcar. De ahí que aplicara tamén para el a famosa regla de San Bieito “ora et labora”.

E vaia se laborou. Ampliou o lugar e plantou árbores de todas as clases, convertendo este espazo nunha especie de xardín botánico, con mesas aportadas no seu día polo Concello, no que xantar e merendar sempre á sombra nas calurosas tardes de verán. A todo esto, dotouno dunha fonte de auga fresca que mana dun penedo coroado cunha estatua do San Bieito feita pola Escola de Cantería de Poio. Pero a súa laboura na parroquia de Sandiás vai máis alá. Outro dos seus empeños foi manter en pé a rectoral e dotar á fermosa igrexa de San Estevo duns accesos adecuados, sendo clave na cesión do diestro parroquial para convertilo nunha grande avenida que potencia o entorno. Dentro do templo fixo importantes actuacións como a rehabilitación do fermoso retablo con obras do escultor ourensán Francisco de Moure ou a tribuna.

A súa última aportación á parroquia foi potenciar o 500 aniversario da iglexa de San Estevo, obra de Bartolomé de Nosendo, actos que precisamente remataban o 26 de decembro de 2021, nos que se involucrou especialmente, e que aínda tiña proxectos pendientes para o templo, como o cambio de tellado, cun teito máis acorde con este monumento situado no Camiño de Santiago.

E non quixera rematar sen destacar o seu apoio a celebración litúrxica en galego, outro dos seus legados que quixera os sacerdotes que o sucedan o sigan mantendo, e non instalándose na comodidade do castelán.

A todos os familiares e amigos, meu mais sentido pésame. Sempre teremos a figura de don Manuel na lembranza

Contenido patrocinado

stats