A PAC do 2023, a exame polo sector agrogandeiro
A casa da cultura de Sandiás acolleu esta semana unha charla informativa que xirou en torno ao contido da nova Política Agraria Común -PAC- do 2023. Na iniciativa participaron 30 veciños da zona, profesionais do campo.
Ao longo de catro horas, abordáronse os cambios que sufrirá a PAC que estará vixente durante catro anos, concretamente, durante o periodo comprendido entre os anos 2023 e o 2027. Do mesmo xeito, profundizouse nos requisitos necesarios e condicionantes a ter en conta para que estes profesionais poidan acceder a ditas axudas.
Tal e como recordaron dende o Concello de Sandiás, a Comisión Europea deu luz verde ao Plan Estratéxico da Política Agraria Común. Unha PAC que, segundo subliñaron dende o Goberno central, pretende ser “máis xusta, máis sostible e máis social”. A PAC tamén pon o foco nas ferramentas que se precisan para avanzar cara a unha agricultura máis innovadora e na que esté garantido o relevo xeneracional.
O obxectivo pasa porque a nova PAC entre en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2023.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)