QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O parque empresarial de Xinzo de Limia xa conta con cámaras de videovixiancia que mellorarán a seguridade deste entorno emprazado na salida da autovía A52 e á entrada da vila limiá. Trátase dunha vella reivindicación dos empresarios do lugar e da asociación da que forman parte e que verán cumprida unha vez que os dispositivos estean operativos, algo que acontecerá nun breve periodo de tempo segundo puntualizaron esta semana dende o Consistorio de Xinzo.
Son, concretamente, 12 cámaras de vixiancia con visión nocturna que comezaron a instalarse a mediados do pasado mes de novembro grazas a un investimento de preto de 46.000 euros achegado polo propio Concello de Xinzo e pola Xunta de Galicia.
Nos últimos días, os operarios traballaron na comprobación das conexións dos dispositivos.
A ducia de cámaras que se colocou en seis postes de seis metros de altura -dúas cámaras en cada un- está deseñada para o recoñecemento de matrículas. Todas as cámaras están conectadas a un equipo conmutador en rede xestionado por un servidor con software específico de control que posibilitará a visión en tempo real da imaxe que ofreza cada un dos dispositivos. Tan so será preciso un ordenador con conexión a Internet para acceder a eles.
O sistema tamén permitirá, por outro lado, o almacenamento das imaxes e envío de alarmas.
Non é a unica mellora recente que se levou a cabo no polígono de Xinzo de Limia, xa que nos últimos meses instalouse un cartel indicativo das empresas existentes e o Concello acometeu -mediante a empresa Explotacións Medioambientais- a mellora do firme nunha das súas zonas, moi estragada pola introducción dun sistema de canalización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia