O PP de Xinzo acusa ao Goberno local de “censura"
Os populares acusaron ao equipo de Elvira Lama de "privalos" de presentar nos plenos "a maioría das mocións" que elaboran
O Partido Popular de Xinzo reiterou o seu malestar co equipo de Goberno á hora de tratar as súas propostas de mocións e de recoller os debates plenarios.
Logo de criticar a tardanza na celebración da sesión de mañá xoves -aseguran que debería terse celebrado hai dúas semanas- os populares acusaron ao equipo de Elvira Lama de "privalos" de presentar "a maioría das mocións" que elaboran. Neste senso, aseguran que non poderán debatir ás vencelladas a mellorar as subvencións para as asociacións, a solucionar os problemas existentes de lixo nas rúas de San Roque e Blanco Amor, nin tampouco a proposta para acadar unha maior transparencia: "Ao final os grupos da oposición seguiremos censurados, soamente se debaterán os temas que lle interese ao Grupo de Goberno, ocultando á cidadanía as propostas de todos os grupos políticos municipais a maiores de non recoller as nosas verbas nas notas de prensa de cada pleno", lamentaron dende a bancada popular.
No tocante ás subvencións, dende o PP de Xinzo lamentaron que se deixase fora a "varias entidades" sen dar unha explicación nas comisións informativas.
Por último, o grupo da oposición asegurou que "a alcaldesa renovou fai un días o contrato a dedo" do responsable de comunicación "que seguirá facendo campaña de autobombo de dona Elvira Lama".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último