AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
POLÍTICA
O grupo municipal popular de Xinzo levará ao vindeiro pleno que se celebre na capital da Limia a súa proposta á Real Academia Galega para adicarlle o Día das Letras 2019 ao escritor limiao Antón Tovar Bobillo.
Dende o goberno local sinalan que o escritor foi unha das grandes voces poéticas da Galicia da segunda metade do século XX. A súa obra literaria está composta dunha ampla producción en castelán como é o caso de "El tren y las cosas" ou "La Lanzada", pero sobre todo en galego, como "Arredores", que data do ano 1962; "Non", de 1967; "Calados Esconxuros", de 1980; "Berros en voz baixa", de 1990; "A nada destemida", de 1991; ou "Diario íntimo dun vello revoltado", publicada no ano 2001.
Os populares de Xinzo consideran que por ser veciño da comarca da Limia, -naceu en A Pereira (Rairiz de Veiga), en 1921- pola súa ampla traxectoria, así como polas análises e comentarios que fixeron del escritores como o tamén ourensán, Carlos Casares, -quen dixo de Tovar que foi "un dos mellores poetas" daquela época- o autor, "ten méritos dabondo para que, dende a Real Academia Galega se propoña para que se lle adique o Día das Letras do 2019.
O edil Manuel Casas dixo de Tovar que, "viviu nunha época difícil pero defendeu os seus ideais, e é unha figura moi destacada".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima