A Protección Civil da provincia de Ourense, referencia en Galicia

VISITA EN BAÑOS DE MOLGAS

Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias e Interior, atendeu aos voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas

Publicado: 03 feb 2025 - 18:02 Actualizado: 03 feb 2025 - 18:42
Santiago Villanueva, Manuel Pardo, Manuel Ángel Fernández e José Olivier Reboredo con voluntarios de Protección Civil.
Santiago Villanueva, Manuel Pardo, Manuel Ángel Fernández e José Olivier Reboredo con voluntarios de Protección Civil.

Os voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas recibiron onte a visita do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. A visita foi con motivo de atender as demandas dos voluntarios e comprobar o apoio da Xunta nestes anos. Manuel Ángel Fernández, o alcalde de Baños de Molgas, comentou que os voluntarios de Protección Civil son a parte invisible que fai que os actos salgan ben e de xeito seguro.

Santiago Villanueva, comenta que a agrupación de Protección Civil de Baños de Molgas ten unha zona de intervención fora do propio Concello, en colaboración con outros eventos na provincia, coma no Entroido que comeza este mes. Tamén remarcou que “o maior número de agrupacións de Protección Civil de Galicia están aquí en Ourense”.

La visita en Baños de Molgas.
La visita en Baños de Molgas.

Os medios de Protección Civil

Neste apoio inclúese unha carpa, remolques, varios vehículos pick-up e incluso unha coitela quitaneves e un esparexador de sal para combater as posibles nevaradas do municipo, que está incluído no Plan de Protección Civil Ante o Risco de Nevaradas en Galicia. Son preto de 213.000 euros os que recibiu a Protección Civil de Baños de Molgas, 171.500 euros no material antes mencionado e 41.400 euros en gastos de funcionamento.

Contenido patrocinado

stats