QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, fixo entrega de 4.425 detectores de fume para uso doméstico nas comarcas de Xinzo de Limia e de Verín, co obxectivo de reforzar a seguridade de persoas en situación de vulnerabilidade. Trátase dunha medida comprendida no proxecto Airem 112, enmarcado no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España e Portugal, que ten como obxectivo o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos de xestión e mobilización de recursos ante emerxencias nas zonas implicadas mediante a implantación de ferramentas comúns.
Poderán beneficiarse desta medida 2.358 fogares da comarca de A Limia e 2.067 da de Verín. O criterio de reparto será responsabilidade dos propios traballadores dos parques de bombeiros. Segundo explicou o director xeral de Emerxencias, o dispositivo está destinado, principalmente, a "persoas maiores de 65 anos, con problemas de mobilidade, que viven soas ou persoas con discapacidade psíquica ou física".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana