Subsanado o problema da auga en Trasmiras
O alcalde do concello, Emilio José Pazos, afirma que está solucionado
Varios dos concelleiros do BNG de Trasmiras mantiveran os pasdos días unha reunión cos veciños de Vilar de Lebres, Rabal e Abavides. Neta reunión, os veciños comunicaron que estiveron sen auga da traída, algo que sorprendeu a veciñanza destas aldeas. Pero o problema, salientou o goberno local, quedou subsanado o pasado martes.
A explicación do alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, foi que se debeu a que o luns atopáronse cun “collarín rebentado en Foz, que tivemos que arranxalo para que non nos rebentaron o depósito”, explica o rexedor.
“Non puidemos pornos coa avería de Vilar de Lebres dos mananciais porque tiña a xente traballando en Foz. Automaticamente traballaron o luns ata as 21,00 horas en Foz. O martes a primeira hora da mañá puxéronse coa avería de Vilar de Lebres. En Abavides non estaba cortada para toda a aldea, se non que era unha das canalizacións xerais que van para Foz, que hai que cortar na nacional. Hai unhas casas que quedaron sen auga, pero o resto tivo auga”, detalla Emilio José Pazos.
“O martes a mediodía estaba solucionada a avería de Vilar de Lebres. O luns consumíronse 27 metros cúbicos e o martes consumíronse 29 metros cúbicos. Dende ese martes non volveu a faltar a auga”, concluíu o rexedor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?