AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
TALLERES TERAPÉUTICOS
A segunda sesión do obradoiro de pilates e ioga terapéutico do programa Rosalía no Concello de Sandiás xirou en torno a realización de exercicios prácticos para a terapia e traballo dos músculos do corpo humano. A animadora insistiu na importancia da postura do corpo, a respiración e o equilibrio.
O benestar e a saúde son elementos esenciais para crear sociedades felices. E nisto ten parte que ver a práctica de pilates e o ioga terapéutico. Ditas prácticas teñen como obxectivo fortalecer o corpo e a mente desde a parte máis profunda á máis superficial, aumentando e unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a relaxación e a respiración. É unha disciplina que combina técnicas de ximnasia, ballet e ioga.
Pode ser practicada por persoas de diferentes idades e proporciona melloras físicas, mentais e espirituais contribuíndo a unha vida máis equilibrada e saudable.
O Programa Rosalía desenvólvese nos Concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía, Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio, para todas as mulleres que pertencen á comarca de A Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro