A Torre de Porqueira sufrirá novas actuacións para a súa mellora
A LIMIA
As obras de mellora terán que rematarse nun prazo de tres meses e a contratación das mesmas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo das actuacións realizadas no entorno da Torre de Fírbeda ou da Forxa, en Porqueira, centradas en mellorar os accesos e a iluminación, a Xunta de Galicia vén de publicar a licitación das obras de consolidación e conservación do ben cultural por un importe de 53.000 euros. Será, concretamente, a área de Cultura e Turismo a que se encargue de realizar esta intervención.
Segundo informaron dende a Consellería, realizouse unha análise pormenorizada que permitiu detectar no inmoble diversas patoloxías en relación co estado actual da cuberta e da carpintería. Asimesmo, eliminarase a carpintería metálica da cuberta e as tellas e placas de fibrocemento con amianto. Realizarase o illamento térmico, cubrirase a cuberta con tella cerámica curva, colocarase unha nova carpintería de madeira e substituirase o pararraios existente, entre outras.
A Torre de Fírbeda, tamén coñecida comunmente como Torre de Porqueira, forma parte das torres defensivas da comarca da Limia, entre as que se atopan a Torre de Pena en Xinzo, a Torre do Castro en Sandiás e a Torre de Celme en Rariz de Veiga. Conserva a súa apariencia orixinal do século XII.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
VICTORIA DEL PARTIDO POPULAR
Aznar recuerda su victoria de hace 30 años: “Era un proyecto de libertad”
COYUNTURA ECONÓMICA
Brasil registra el menor crecimiento del PIB en cinco años, con un 2,3% en 2025