O Tribunal Superior confirma o veto á mina de Faramontaos
TRIBUNAIS
Ratifica a decisión da Xunta de non autorizar a explotación que podía afectar a oito pobos da comarca
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ratificar a decisión administrativa da Xunta de Galicia que rexeitou a solicitude da empresa castellonense Minercer para realizar unha explotación mineira de feldespatos que afectaría, nunha primeira fase, a oito pobos da comarca de A Limia, concretamente aos núcleos de Rebordachá, Paredes, Moreiras, Laroá, San Pedro de Laroá, Seoane, Fiestras e Faramontaos .
O día 17 de xaneiro de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio de información pública do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada do permiso de investigación que tiña concedido esta empresa de Castellón. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, otorgou dita licenza de investigación a Minercer, que posteriormente estivo interesada en adquirir a explotación dos terreos. Aquela posibilidade promocou unha gran mobilizacion social na comarca.
O Concello de Xinzo e a Concellería de Medio Ambiente emitiron uns informes desfavorables fundamentados, principalmente, en que o proxecto mineiro afectaría de xeito negativo actividade agrícola na comarca (mais de 250 explotacións poderían verse afectadas). A administración autonómica, avalada por estes informes, rexeitou conceder o permiso a Minercer S.L. en xullo de 2013, resolución que a empresa recurriu solicitando a súa anulación.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ratificar agora a decisión da Xunta, sosteñendo que "Ni la titularidad de un permiso de investigación, ni la solicitud de una concesión derivada de este permiso atribuyen un derecho consolidado a la explotación". A empresa Minercer, que foi condenada a pagar os custos xudiciais, ten opción a recurrir ante o Tribunal Supremo.
"Supoñía un dano ecolóxico tremendo"
O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, manifestou "a alegría por parte do Concello" ante a decisión adoptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O rexidor sinalou que o seu grupo de goberno "sempre estivo en contra" da posibilidade de efectuar esta explotación a ceo aberto da que dixo que sería "unha lacra" e que suporía "un dano ecolóxico tremendo". Pérez entende que ainda que a empresa pode recurrir ante o Supremo "é difícil" dar marcha atrás neste sentido. María Díaz, a presidenta da plataforma Corno do Monte, nacida para loitar contra a explotación mineira, tamén se alegrou desta decisión e engadiu que, de darse a situación contraria "sería un desastre para a comarca".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
POLÉMICA FIESTA
Sortean entradas para el tardeo en el jardín de As Burgas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Zapatero y la moral socialista