NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
HOMENAXE
Vilar de Barrio acolleu a celebración do “Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia”, organizada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Máis de cen persoas reuníronse no cemiterio para rendir homenaxe ao mestre canteiro Manuel Gómez Portela, colocando unha placa en galego no seu sartego de pedra, que anteriormente non tiña nome.
O acto tamén incluíu a instalación dunha placa na entrada do camposanto en galego, recordando a todos os falecidos e promovendo a visibilidade da lingua na memoria colectiva da comunidade. O acto contou coa presenza dos netos do homenaxeado, así como do alcalde, Manuel Conde, e do arquitecto limiao Manuel Seoane e Xosé González, membro da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, entre outros.
Este último, expresou a súa tristeza ao ver que, entre as máis de 250 sepulturas do cemiterio, tan só dúas estaban en galego, agora catro tras a placa ao homenaxeado e a colocada na entrada do camposanto. Durante a súa intervención, subliñou a importancia de defender a lingua e de que esta tamén teña cabida nos camposantos, recordando a todos os asistentes que “en galego agora e sempre” é un compromiso necesario por que tamén na morte cómpre normalizar o galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
POSIBLE VICTORIA DEMÓCRATA
Estados Unidos comienza a sentar las bases del futuro post-Trump
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio