QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
HOMENAXE
O cemiterio de Parada –no municipio de Vilar de Santos– converteuse onte no centro neurálxico da reivindicación da memoria lingüística no país. Nun acto organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e apoiado polo Concello de Vilar de Santos, máis de medio cento de persoas se reuniron en torno ás lápidas para reivindicaren unha dupla homenaxe. En palabras do rexedor "galeguista" de Vilar de Santos, Xan Jardón, tratábase dun "recoñecemento aos nosos devanceiros e ás súa memoria cultural e lingüística". Mais tamén se trataba, ao cabo, dunha homenaxe á lingua propia, a cal "temos a obriga de conservar, protexer e transmitir ás xeracións futuras".
Ao igual que noutras ocasións se fixera en concellos coma Marín ou Vilagarcía, e baixo o lema "En galego, agora e sempre", o promotor da iniciativa, Xosé González, tomou a palabra para transmitir aos presentes os obxectivos da campaña, así como para poñer de manifesto a "dicotomía" de que "as persoas que falan e pensan en galego en vida" rematen logo enterradas baixo "lápidas en castelán".
"Foi un acto moi emotivo" afirmaba o rexedor após o remate do evento no que se descubriu unha inscrición co texto "Na memoria de todos os que aquí xacen, porque gracias a eles Galicia segue a ter lingua e cultura de seu". Ao remate do acto distribuíronse entre os presentes unhas "actas de vontades" mediante as cales deixaban rexistrada a súa intención de que se realizaren os actos do seu pasamento "en galego". Tamén se recoñeceu a labor de normalización desenvolvida polo crego Miguel Fernández.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar