Xinzo acolle unha mostra sobre castrexos e romanos pola Festa do Esquecemento
A Praza Maior de Xinzo xa presume da exposición “Ritos e Crenzas Castrexo-Romanas”. Unha mostra cultural que se asentou neste espazo para que veciños e visitantes poidan coñecer máis sobre a historia de Xinzo de Limia e as súas tradicións.
Esta iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, enmárcase no programa da XXIII edición da Festa do Esquecemento, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de agosto, enchendo a vila de visitantes e cunha repercusión positiva na economía local.
A exposición “Ritos e Crenzas Castrexo-Romanas” estará activa ata o vindeiro 27 de agosto e todos os interesados en coñecer máis sobre a historia destas dúas culturas na Limia e o paso do Río Lethes poderán adquirir os seus cómics e revistas no acceso aos campamentos despregados estes días en Xinzo. Marcos Argibay, presidente da asociación, explica que o obxectivo deste traballo histórico é “o de transmitir esa cultura, esa historia común que temos, as súas costumes e os seus ritos, contribuíndo a esta cita tan importante”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
Angel Garcia Crespo
Enseñar es la forma más egoísta de aprender
INTERVENCIÓN MILITAR
Trump no descarta activar en Cuba operativos similares al practicado en Venezuela
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Los peces no lo son sino cariños bajo el agua
La Región
Ourense no puede vivir permanentemente cortada