QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O 7 e 8 de setembro, Xinzo de Limia converterase no punto de encontro para as familias que buscan mellorar o seu benestar, coa celebración da “I Feira da Saúde e do Benestar na Familia: Expofamilia”. Este evento pioneiro terá lugar no Pavillón de Deportes, organizado por Fusión Fitness, La Tribu – Xinzo e o Concello de Xinzo, e estará aberto de 11,00 horas ás 14,00 horas e de 15,30 horas ás 21,00 horas.
Durante dous días, máis de 20 profesionais de distintas disciplinas compartirán o seu coñecemento a través de ponencias, charlas e obradoiros, sobre a saúde e benestar familiar. Carlos González ofrecerá dúas ponencias exclusivas sobre “Necesidades afectivas” e “Autoridade e límites”.
Haberá un espazo sensorial dedicado a nenos de 0 a 6 anos, onde poderán explorar e xogar nun ambiente seguro e estimulante. Lethx Sound dinamizará o espazo musical, mentres que a zona de lecer ofrecerá actividades como xogos de mesa, contacontos, obradoiros de barro, masaxes, capoeira e defensa persoal, entre outros.
O evento tamén contará cun espazo dedicado á seguridade familiar, onde os nenos poderán interactuar con elementos da Garda Civil, como coches, motos, drons, e un can policía, nunha xornada deseñada para ensinarlles sobre seguridade dun xeito lúdico.
Para participar será necesario adquirir un pase de 3 euros, que dá acceso a todas as actividades e sorteos, excepto ás ponencias de Carlos González, que requiren unha entrada adicional dispoñible en Parrulos, Fusión Fitness ou de forma online. Ademais, haberá máis de 20 sorteos ao longo dos dous días, xunto con 8 expositores que ofrecerán produtos especializados en calzado respectuoso, libros, xogos, mochilas e outros artigos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia
Roberto González
El chantaje migratorio
HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano