Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
política
O Grupo Municipal Socialista de Xinzo, mediante a súa portavoz, Elvira Lama, ven de solicitar unha reunión urxente da Comisión Informativa local co obxectivo de esclarecer as declaracións do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, nas que facía alusión a unha intención por parte do seu goberno de instalar dispositivos que garantan a seguridade dos veciños ante posibles ataques terroristas. Ao abeiro deste propósito, o primeiro edil de Xinzo sinalou que a vila ten "un alto nivel de población musulmana y las fuerzas de seguridad coinciden en señalar que sus jóvenes, no digo que sean los de nuestra villa, llegan un poco más radicalizados". Neste senso, os socialistas consideran "desproporcionadas" as verbas de Pérez, logo de que se faga referencia a "un colectivo específico que leva residindo no concello de Xinzo durante varias décadas e que non é outro que as persoas de orixe marroquí, sendo unha das comunidades máis amplas de musulmáns que existen na provincia".
Na mesma liña, a formación Xinzo Adiante solicita ao rexedor local que se desculpe "públicamente" polas declaracións verquidas e que traballe " a prol do respecto para todas as manifestacións culturais". XA tilda tamén de "desproporcionadas" as verbas de Antonio Pérez e subliña que "nunca houbo ningún tipo de problema coa comunidade musulmana".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
VIDA OURENSANA
Trazos culturais galegos que condicionan a lonxevidade
CAMPEONATO DE ESPAÑA
El Ontime juvenil, a por más
CONGRESO DEL PP CATALÁN
Feijóo acusa a Sánchez de "caudillismo" gobernando contra la voluntad del Congreso