AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Comezará o 20 de xaneiro coa tradicional conta atrás na Praza Carlos Casares e co tradicional “Petardazo”. Continuará con cinco domingos máis ata rematar o 19 de febreiro. O fareleiro será o primer domingo, continuado do oleiro, corredoiro, entroido e piñata.
Roberto Nogueiras, artesán e artista creador do cartel deste ano, explicou que a súa idea principal foi crear un cartel contemporáneo sen esquecer as raíces. “A imaxe parte dun cadro que realizou ao óleo e que vai sufrindo transformacións co fin de adaptalo á formato dixital para posterior paso a cartelería e redes sociais, isto lévame a pasar por diferentes fases ata chegar a este resultado que se presenta”, comenta Roberto Nogueiras.
“Conceptualmente, os elementos que quería que tiveran presenza no cartel son a pantalla, que é a protagonista principal, símbolo e elemento fundamental e diferenciador do Entroido da Limia. O papel de xornal que é un elemento que forma parte do interior e do ser da pantalla. Ao mesmo tempo representa algo moi presente no Entroido, dado que algunhas das noticias máis destacadas do ano atópanse representadas nas rúas da vila. Así mesmo, os recortes de xornal conteñen palabras que para mín teñen moito peso e definen o Entroido como: sentimento, tradición, metamorfose, vivir, bailar, amizade, ledicia”, explica o artesán.
“O pano tradicional galego tamén é un símbolo de unión propio das xentes do pasado, os astros como elemento moi presente na pantalla están representados dende un estilo máis expresionista, os trazos son libres e sen ataduras, algo significativo do Entroido. Por último, as cintas das capas que xeran movemento e cor”, detalla Roberto Nogueiras.
Para rematar a presentación do cartel do Entroido 2024, Roberto Nogueiras concluiu dicindo que lle gustaría que “este cartel sexa un cartel de todos, que represente un pouco o tempo que nos tocou vivir sen esquecer de onde vimos”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
ENLACE CON LA AG-53
Un accidente múltiple deja al menos 3 heridos en la A-52 a la altura de Toén
OPERATIVO DE TRASLADO
Comienza el traslado de los migrantes de las playas de Ceuta al campamento del puerto