Xinzo quere ser sede oficial do Certame Celtibérico de Bandas
Música
A ocupación rozou o 100% nos hoteis de toda a comarca e a súa celebración durante toda a fin de semana deu tamén empuxe aos locais hostaleiros.
“Xinzo ten moito que dicir no que se refire a música tradicional. Quedou demostrado esta fin de semana coa celebración do Certame Celtibérico de Bandas, que volveu á vila 20 anos despois cun gran éxito, tanto de participación como de visitas rexistradas”, anotan dende o Concello. Ante isto, a capital limiá reivindica que Xinzo de Limia é o escenario “idóneo” para a súa celebración e postúlase para ser sede permanente deste evento en, polo menos, algunha das fases.
Dende o ente municipal destacan tamén que os grupos locais “triunfaron” nesta edición e aplaudiu a calidade de todos os participantes. A Banda de Gaitas conseguiu o primeiro posto en dúas das catro categorías e Cidade de Antioquía logrou o segundo posto en segundo grao. “Este evento foi a ocasión perfecta para demostrar que o concello pode albergar un evento musical desta categoría, xa que Xinzo tamén é terra de gaiteiros”, destaca a alcaldesa, Elvira Lama.
Ademais, o Certame Celtibérico de Bandas converteu á localidade na capital da gaita e milleiros de persoas foron testemuñas. A ocupación rozou o 100% nos hoteis de toda a comarca e a súa celebración durante toda a fin de semana deu tamén empuxe aos locais hostaleiros. “Temos que apoiar aos nosos comerciantes e hostaleiros ao mesmo tempo que colocamos ao concello no foco internacional”, engadiu Lama.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RELACIONES INTERNACIONALES
Cantabria explora nuevas oportunidades comerciales con El Salvador
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 5 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 5 de febrero, en Ourense