Xinzo recibiu 125 traballos en lingua galega
Repartiranse 2.000 euros aos premiados polo Día das Letras
Os premios organizados entre o Concello de Xinzo e a Fundación Carlos Casares con motivo do Día das Letras Galegas, o pasado mes de maio, gozaron dun grande éxito segundo apuntaron dende o Consistorio limiao. Neste senso, foron 125 os traballos presentados.
No Certame Literario Infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares, organizado pola Concellería de Cultura, contabilizouse case medio cento de obras. Neste senso, establecéronse sete categorías para os participantes: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante. Deste xeito, outorgaranse dous premios en cada unha das categorías, consistentes en vales para mercar libros e material escolar nas librarías de Xinzo de Limia. En total, o Concello repartirá case 2.000 euros en premios e todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo. O fallo darase a coñecer este mes.
Dentro da Fundación, o Premio Cubertas para Xela sumou 44 traballos e Quen é Toribio? 33.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
A POR PLAY OFFS
El Antela, a seguir soñando ante el Villalonga
Miguel Anxo Bastos
La decepción de Trump
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio