Xinzo terá un decálogo de boas prácticas co lixo
O Concello habilitou un novo número para a retirada de voluminosos
Dende o Concello de Xinzo lamentan que as rúas da vila non sempre estean “libres de suciedade” polo que, para darlle a volta a esta situación e mellorar a imaxe do pobo, dende o Consistorio engadirán á ordenanza de boas prácticas veciñais que contempla horarios para deixar o lixo -entre outras indicacións- un decálogo co que se pretenderá optimizar o depósito de residuos nos contedores. O documento, que xa está en fase de redacción, completarase cunha nova campaña de concienciación.
Por outra banda, o decálogo incluirá tamén recomendacións sobre o uso dos contedores, fomentando a reciclaxe e ofrecendo información sobre a mellor forma de separar os residuos. Do mesmo xeito, recordarase no documento a existencia de recipientes específicos para pilas ou roupa, ademais da dirección ou o contacto do punto limpo de Xinzo. Neste senso e segundo informaron dende o Consistorio, acábase de activar un novo número de teléfono -661 724 481- para solicitar a retirada de materiais voluminosos. Este tipo de residuos poderanse depositar nestas instalacións acondicionadas para tal fin todos os mércores e xoves dende as 17,00 horas ata as 19,00 horas e o sábado, de 10,00 horas a 14,00 horas.
COLABORACIÓN
O goberno local pediu colaboración para todo o anterior e lembrou que “cada contedor ten unha fracción resto para a súa recollida selectiva e todo o que non estea no seu interior non se considera entregado ao xestor dos residuos”. Do mesmo xeito, reiterouse a obrigatoriedade de depositar os residuos nos contedores a partir das 20,00 horas e nunca despois das 07,00 horas . Tamén está prohibido o desprazamento dos colectores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia