NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
MÁIS DE 50 ACTIVIDADES
A Festa do Esquecemento volve iste ano a Xinzo de Limia coa XXIV edición, grazas á colaboración da Asociación Civitas Limicorum e o propio Concello de Xinzo de Limia. A devandita celebración contará con máis de 50 actividades, as cales desenvolveranse entre o venres 23 e o domingo 25 de agosto, con ubicacións no Parque do Toural, as rúas do Casco Vello, a Praza Mayor, a Praza Carlos Casares e o Campamento e o Río Lethes.
A festa arranca o venres coa inauguración do campamento, mercado e zona infantil coa banda de gaitas Cidade de Antioquía. Tamén terá lugar o Circo Romano, coa animación de rúa a cargo de Trip Malabar e pasarrúas con Turdión. Á noite, turno para os Gladiadores do Circo a cargo de Trip Malabar. Para rematar o primeiro día desta festa, terá lugar o gran desfile inaugural con antorchas e o prendido do lume sagrado, con pasarrúas con Cidade de Antioquía e concerto de Grimorium.
O sábado abrirase o mercado e a zona Infantil con Turdión, acompañado do Circo Romano, desfile das Fuerzas de Choque Romanas Extraordinarii de Cartagena, Loitas do Coliseum, pasarrúas con Cidade de Antioquía e Triduendes, a cargo de Trip Malabar.
Para continuar a Festa do Esquecemento, a maiores haberá unha recepción de autoridades a tropas estranxeiras, cos Premios Bispo Idacio 2024 e a chamada Harmonía no aire.
Xa pola tarde, haberá unha xincana e pasarrúas con Lirolaio, Turdión e Cidade de Antioquía. Logo, terá lugar unha Romana Comedia, a cargo de Trip Malabar.
Ao terminar estas actividades, será a ocasión para a celebración duns Grandes Xogos Olímpicos, pasarrúas con Lirolaio, loitas do Coliseum, Vodas Romanas e Gladiadores do Circo.
Xa pola noite, terá lugar a Harmonía no aire, concerto de Grimorium e concerto de Astarot, para rematar o sábado de Esquecemento.
O domingo, último día desta inesquecible festa, volverase abrir o mercado e a zona infantil con Turdión. Tamén volverá a Romana Comedia, Harmonía no aire, pasarrúas con Lirolaio, Circo Romano e pasarrúas con Turdión.
Despois destas actividades, terán lugar as marchas romanas con Achicoria, cruce do río Lethes e gran loita final. A maiores, terán a súa aparición os Gladiadores do Circo, Desfile da Victoria e Harmonía no aire. Tamén haberá unha homenaxe a Merce Barba e pasarrúas con Lirolaio. Para finalizar a XXIV Festa do Esquecemento, haberá un apagado do lume sagrado, a entrega de premios a participantes e o concerto de despedida con Grimorium.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
UN CAFÉ SOLO
¿Y si tocamos?
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)