COCINA TRADICIONAL
El chef japonés Matsumoto busca en Trives el alma de la cocina gallega
ROTEIRO POÉTICO
A maxia da palabra encheu unha vez máis as rúas de Trives nunha nova edición do roteiro poético organizado pola Asociación Cultural da Caniceira. A chuvia tentou frear o avance deste singular percorrido, obrigando a reducir as paradas de seis a catro e trasladando algunhas delas a espazos máis acollidos. Mais nin a meteoroloxía adversa puido apagar o entusiasmo e a paixón coa que os membros do grupo de teatro da asociación ofreceron as súas interpretacións.
Esta iniciativa xurdiu nos tempos difíciles da pandemia, cando os integrantes do grupo de teatro decidiron manter viva a arte enviando as súas interpretacións a través de WhatsApp. Foi así como naceu a semente do roteiro poético, que co tempo se trasladou das pantallas ás rúas trivesas para celebrar o Día da Poesía. “Achegándonos a toda a xente que quixo compartir ese momento con nós”, explica Ana García Earley, directora do grupo de teatro.
Esta homenaxe ao Día da Poesía fixo que a Praza do Pilón se convertera no punto de partida desta terceira edición. Cunha vintena de poemas recitados por unha decena de membros do grupo, cada un escolleu dúas obras da súa preferencia para compartir co público. As voces dos intérpretes deron vida a versos de autores recoñecidos tanto en galego como en castelán, guiando aos asistentes polos recunchos máis escondidos da vila e convidándoos a descubrir a beleza da poesía.
Entre as obras interpretadas nesta terceira edición destacaron versos de grandes poetas da literatura galega, española e latinoamericana. Escoitáronse recitados tan emblemáticos como “Digo Vietnam e basta” de Celso Emilio Ferreiro, “Poema a muller galega” de Manuel María e “Nacín cando as plantas nacen” de Rosalía de Castro. Tamén houbo espazo para poetas universais como Federico García Lorca, con “Canción de cuna pra Rosalía de Castro morta” e “Es verdad”, ou Miguel Hernández con “Para la libertad”. A forza reivindicativa fixo acto de presenza en pezas como “Galicia, esperta!” de Eladio Rodríguez González e “Picasso-Guernica-Picasso: 1973” de José Ángel Valente. Non faltaron tampouco os versos cheos de emoción e reflexión de autoras como Idea Vilariño con “Ya no será” ou Gabriela Mistral e “Desvelada”. Un repertorio variado e cheo de sentimento.
A resposta do público, a pesar das condicións meteorolóxicas, foi máis que satisfactoria. “Sabemos que a poesía non é algo que a todo o mundo lle guste e ver que arredor de 25 persoas nos xuntamos en cada praza escoitando as diferentes interpretacións é moi gratificante”, sinalaba García Earley, pensando xa no cuarto roteiro poético.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COCINA TRADICIONAL
El chef japonés Matsumoto busca en Trives el alma de la cocina gallega
ENTROIDO DE TRIVES
Os Labregos manteñen vivo o desfile dos fulións en A Pobra de Trives
PUNTADAS REVELDES
El latir del teatro en A Pobra de Trives
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes, 3 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 3 de febrero, en Ourense