Procesión de fe en Trives coa súa Virxe da Dolorosa
TRADICIÓN LOCAL
A vila de Trives puxo fin este domingo ás súas festas na honra da patroa con moita devoción e música
A Pobra de Trives amosou este domingo un ano máis a súa gran devoción pola Virxe da Dolorosa, na xornada grande coa que puxo fin ás festas na honra ao Santo Cristo e a Dolorosa.
A procesión matinal, precedida por un pasarrúas a cargo da banda Lopo Lías de Boborás, foi de novo unha celebración de gran solemnidade que combinou emoción e fe, e na que participaron centos de veciños.
Trala imaxe da Dolorosa e do Cristo tamén fixeron o percorrido algunhas persoas descalzas, cumprindo deste xeito con diversas promesas e ofrendas que realizaran.
Á tarde regresou a música de Lopo Lías, antes de celebrarse unha festa e verbena coa orquestra Salsarena, que puxo o broche de ouro á gran celebración trivesa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CEIP MANUEL BERMÚDEZ
Elena Ferro amosa en Trives o oficio dos zocos
92 PARTICIPANTES
A Pobra de Trives fai do xadrez festa para todas as idades
Lo último
V PLENO DEL VIII MANDATO
Sumar respalda una circunscripción electoral exterior para la emigración española