Xornal Escolar

Chegou a Feira do Libro á Ponte

O colexio da Ponte viviu a pasada semana un dos seus maiores eventos deste curso: a primeira edición da Feira do Libro. Durante dous días, o alumnado do centro educativo ourensán foi pasando por este particular mercadiño literario instalado no ximnasio. 

A proposta, que partiu da Biblioteca do centro e da mestra de Educación Física, foi un éxito entre os alumnos e, ademais de adquirir novos libros para as súas bibliotecas particulares, mozos e mozas gozaron dun montón de actividades paralelas coa literatura sempre como telón de fondo. 

A idea desta Feira do Libro, que nace con vocación de continuidade no colexio da Ponte, é que os libros que tanto gustaron e que xa foron lidos moitas veces, poidan ser lidos por outros compañeiros, viaxando a outros fogares.

O alumnado participou doando un ou varios libros, que lle foron entregando ós seus titores na aula. Por cada libro entregado recibiron un “valepontiña” co que, na súa visita á feira puideron canxealo por outro libro que elixiran.

Alumnos e profesores implicáronse ó máximo nesta primeira edición da Feira do Libro  tanto na doazón de libros como nunha decoración moi especial chea de máscaras, bandeiras e adornos. E xa están desexando que chegue a segunda edición dunha iniciativa tan divertida.

xornalescolar_0706_ponte_01
1 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_02
2 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_03
3 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_04
4 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_05
5 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_06
6 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_07
7 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_08
8 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_09
9 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_11
10 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.

xornalescolar_0706_ponte_10
11 / 11

Feira do Libro do CEIP A Ponte.