Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
Os alumnos da asignatura de “Mobilidade escolar sostible e segura” do colexio María Inmaculada de Verín saíron polas rúas da vila con dous obxectivos. Por unha banda, tratábase de celebrar o Día mundial sen coches e, ó mesmo tempo, concienciar á poboación verinesa sobre a necesidade duns medios de transporte máis sostibles e saudables. Ademais, aproveitaron a saída para achegarse ata o río Támega para facer traballos de retirada de lixo no seu entorno dentro da iniciativa de limpeza simultánea “Móllate polos ríos” de Adega, organizada dentro do Proxecto Ríos e promovida por Augas de Galicia e a Xunta. Así os escolares de Verín, neste caso os de segundo de ESO, no perden ocasión de amosar o seu compromiso co medio ambiente realizando pequenas accións locais con grandes resultados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TAMBIÉN EN NÚMEROS ABSOLUTOS
El Concello de Ourense lidera la deuda por vecino en España
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 23 de junio?